Rock pioneiro en Vilagarcía

Los Ibéricos, Los Strikes, Los Relámpagos. Tres grupos abriron, nos 60, o camiño para facer posible outra música


Hoxe as bandas de Vilagarcía ensaian no local que a rede galega creada por aquela Vicepresidencia xa fenecida instalou nos baixos do auditorio. Moito antes, nun tempo que peita xa catro décadas, unha presa de rapaces comezaron a poñer os alicerces dun aggiornamento musical que daquela ninguén ousaría imaxinar. Eles son os pioneiros do rock na capital arousá.

Conta Luis Silva, membro de Los Relámpagos, que na Vilagarcía de comezo dos 60 non había máis ocasión de entreter corpo e espírito cas festas do verán e o cine o resto do ano. Iso si, no colexio León XIII celebrábase Santo Tomás de Aquino e no teatro Cervantes ía caendo algún que outro festival. Foi entón cando José Manuel Casalderrey inventou o guitarmonio, un sistema que lle permitía tocar a guitarra e a harmónica á vez. Había tamén quen lle daba ben á guitarra clásica, coma Paco Lijó, e quen apuntaba boas maneiras, velaí a Alfonso Galbán, hoxe director da escola de música.

Daquel xermolo xurdiu a Tuna Rondalla Vilagarciana, que comezou a practicar nun baixo cedido polos pais Claretianos. Aló foron agromando primeiro un par de grupos de aire sudamericán, inspirados polos Panchos ou o Trío Calavera. Nun momento, entre 1962 e 1964, aparece por Vilagarcía «o primeiro rockero puro», Manolo del Río, máis coñecido coma Manolo Perello. Tupe, brillantina, chaqueta de coiro. E nace o primeiro grupo de rock como tal, Los Ibéricos, nos que ademais militan Alfonso e Ubaldo Galbán, e tamén Carlos Puga. Chegan, mesmo, a debutar en TVE co tema Tutankamon twist , disfrazados de exipcios. Aínda cun toque máis pop, tipo Brincos, xorden tamén Los Relámpagos, con José Luis Sanz coma líder, e Los Strikes de Juan Bazarra. Festivais, o cine Cervantes, vodas no Gran Hotel da Toxa. Era o que había.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos

Rock pioneiro en Vilagarcía