Pedro Nimo e Chus Valiño disputarán en Cambados a Carreira Popular Ano Cabanillas

La Voz

AROUSA

02 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Pedro Nimo, que foi seleccionado para defender a camisola de España no mundial de maratón, e Chus Valiño, unha das mellores fondistas galegas, serán dous dos participantes na Carreira Popular Ano Cabanillas, que se celebrará o día 14 de xuño en Cambados.

A proba terá un percorrido de dez quilómetros un circuíto urbano con saída e chegada na Praza de Fefiñáns. A inscrición estará aberta ata as 24 horas do día 11 de xuño. O percorrido estará indicado, controlado e sinalizado por quilómetro e os atletas levarán un chip nas súas zapatillas. Os interesados en participar deberán anotarse na páxina web www.championchipnorte.com ou na oficina do animador deportivo do Concello. Para calquera dúbida a organización pon dous números de teléfono a disposición dos atletas (982 815 834 ou 607 518 438).

Categorías

As categorías, no apartado de homes, inclúe os xuvenís, júnior, promesas, sénior e veteranos (en tres apartados por data de nacemento). En mulleres serán as mesmas, agás nos veteranos, onde so haberá dous grupos. A organización haberá premios en metálico para os catro primeiros clasificados.