O Grupo Barros loita en Cartaxena polo ascenso co Paterna, Etxadi e Leganés coma rivais de grupo


O segundo equipo do Cambados Tenis de Mesa, o Grupo Barros, busca no día de hoxe o ascenso á Primeira División Nacional na cidade murciana de Cartaxena.

Nela procedeuse a última hora da tarde de onte ao sorteo no que se dividíu os 24 equipos clasificados en media ducia de grupos. Os campións dos mesmos ascenderán directamente, e os segundos e terceiros de cada grupo mediránse mañá polas seis prazas de ascenso restantes.

O Grupo Barros estrearáse na fase de ascenso ás dez da mañá de hoxe, co Etxadi, segundo clasificado da súa correspondente Liga, coma rival. Ás catro e media da tarde outro subcampión ligueiro, o Leganés, será o seguinte atranco no camiño, quedando para as sete o a priori adversario máis duro, o Paterna de Valencia, campión do seu cadro na competición regular.

Ñajo Padín, Karol Hasek e Fernando Padín defenderán, coma no resto da tempada, as opcións cambadesas, con Miguel Chaves coma adestrador, delegado e xogador reserva.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O Grupo Barros loita en Cartaxena polo ascenso co Paterna, Etxadi e Leganés coma rivais de grupo