«Actuar era unha espiniña que tiña cravada e gustoume o personaxe»

AROUSA

29 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Caracol despídese o venres do escenario, ata o próximo ano. Faino con dúas funcións nas que amosará a súa última montaxe. E tamén aos seus novos actores. «Estou encantada con eles porque din que é un orgullo estar aquí», explica a directora.

-¿Como é a historia deste ano?

-É a historia da bruxa verde do mago de Oz antes de que Dorothy chegara ao país de Oz. Ás veces, os malos da historia non o son porque si. Son as circunstancias o que os fai malos.

-¿Ten moitos máis cambios de vestiario e decorados ca outros anos?

-Se a comparamos coa do ano pasado pode ser que si. Pero temos outras obras nas que houbo moitos cambios. En Peter Pan tivemos un barco pirata no escenario e en Cincenta había máis de oitenta traxes. Este ano o que hai son moitas veces cambio e por iso parece que hai máis.

-¿Como responde o público?

-Estou supercontenta porque a xente responde de marabilla. Cando ves a resposta dos nenos, que aplauden e gritan, iso é o bonito.

-A novidade é que este ano a directora é tamén actriz.

-É a primeira e a última. Estou máis tranquila que abaixo. Para min foi difícil porque non ensaiei sobre o escenario ata a última semana e cando actuaba non quitaba o chip de directora. Pensei que na estrea pasaría o mesmo, pero non. Tan pronto empezamos desconecto. Era un espiniña que tiña cravada e gustoume este personaxe, porque me identifico moito con el.