O Establecimientos Otero quere encamiñar a permanencia a costa do Tramuntana Figueras

La Voz

AROUSA

17 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O tenis de mesa cambadés fixa esta tarde (18 horas) a súa atención na visita que o Tramuntana Figueras fai o Establecimientos Otero. Liu Junhui, Jacobo Enseñat e Eduardo Barreiro mídense a un candidato ao descenso, penúltimo na clasificación da División de Honra con tres victorias en nove partidos.

Un trunfo arousán suporía un importante paso adiante de cara a permanencia, ao contar o E. Otero ata o choque de hoxe con cinco victorias e outras tantas derrotas na clasificación. A empresa non será nembargante nada doada, ao dispoñer o Tramuntana Figueras nas súas filas do hindú Pathik Mehta e do catalán Jordi Piella, un dos mellores xogadores da categoría.

Na Primeira División Nacional, o Liceo Casino defende hoxe en Vilagarcía (17 horas) o seu liderato ante o modesto CDE Antonio Mendoza, penúltimo na táboa.

O Grupo Barros é o outro conxunto arousán que afronta a xornada no máis alto da súa Liga. Neste caso, a Segunda División Nacional. Karol Hasek, Ñajo Padín e Fernando Padín non deberían ter excesivos problemas para manter mañá ás once a súa imbatibilidade na cancha dun Mercantil de Vigo que está a loitar pola permanencia. Na mesma categoría, o Liceo Casino Sénior de Vilagarcía recibe hoxe (17 horas) o Arteal de Santiago nun duelo da parte media da clasificación, e o Joyería Enrique visita ás sete ao Vincios sen grandes perspectivas de sumar a súa primeira victoria da tempada.

Polo que respecta ao resto da canteira do Cambados TM, o Caixanova xogará mañá a partir das once na cancha do CDE Antonio Mendoza de Santander na Primeira Nacional Feminina; o Caixa Galicia visita hoxe ás catro e media ao Vincios na Primeira Galega Masculina, e o Insucarpi vai mañá ás once á cancha do Monte Porreiro na Segunda Galega Masculina.