O Establecimientos Otero cae 4-3 na súa visita ao Oviedo TM, e o Liceo Casino é un pouco máis líder

La Voz

AROUSA

13 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O referente do tenis de mesa arousán, o Establecimientos Otero de Cambados, retomou a súa participación na División de Honra nacional tras o parón navideño cunha apretadísima derrota a mans do Oviedo TM. O conxunto galego non puido repetir o domingo o trunfo da primeira volta (4-1), quedándose a un só punto de superar o seu duelo cun rival directo na zona media da clasificación.

Comezaron ben as cousas para o Establecimientos Otero, con Liu Junhui impoñéndose a Salvador Alfonso. Pero pronto se puxo o choque co Oviedo costa arriba. Jacobo Enseñat perdeu con Félix González, Eduardo Barreiro facía o propio con Bulboc, e o dobres caía do lado ovetense. Enseñat e Liu devolvéronlle a iniciativa ao cadro cambadés fronte a Alfonso e Bulboc, pero Barreiro voltou a caer, nesta ocasión a mans de Félix González.

Con este resultado o Establecimientos Otero ocupa a quinta praza da táboa (de dez), cun balance de cinco trunfos e outras tantas derrotas.

Mellor lle foi o sábado ao Liceo Casino, que se impoñía 4-1 ao Collosa TM e se consolida coma líder do grupo 1 da Primeira División Nacional con nove partidos gañados e un perdido.

Polo que respecta á canteira do Cambados TM, o Grupo Barros mantén o seu dominio incontestable na Segunda División Nacional, logo de superar 4-2 o Vincios con puntos de Karol Hasek (2,5), Ñajo Padín (1) e Fernando Padín (0,5). A súa traxectoria, dez victorias de dez posibles. O Joyería Enrique, pola contra, segue colista tras caer 0-4 co Liceo Casino de Vilagarcía, sexto cun balance de 5 partidos gañados e 5 cedidos.

O Caixa Galicia de Cambados superou 4-0 o Liceo Noia na Primeira División Galega, e o Insucarpi recibíu un severo e inesperado castigo do Galmedia de Ourense na Segunda Galega.