Carlos Blanco é un actor vilagarcián cunha amplia traxectoria no mundo da interpretación. Este ano será o encargado de abrir as festas.
-O pregón deste ano será diferente, ¿poderíasme adelantar algún detalle?
-Pois collín unha idea moi sinxela e a adaptei ao evento. Meu pai foi a primeira persoa que trouxo as bicicletas a Vilagarcía. Pareceume interesante a súa reivindicación. O que vou facer será unha entrada nun destes aparatos.
-¿Qué me dis da medalla de ouro da cidade de Vilagarcía que a alcaldesa che vai impoñer tralo pregón?
-Pois non tiña nin idea.
-¿Estás involucrado nalgún proxecto actualmente?
-Estou a grabar uns capítulos para a serie Os Atlánticos da productora galega Video Voz, durante todo o mes de agosto. De feito, costoume un pouco vir a dar o pregón. Teño un lío de horarios e compromisos, e moita falta de sono.
-Algún proxecto de futuro.
-Firmei por un papel protagonista nunha película que se rodará en outono en Galicia con Fernando Cortizo na dirección. Filmaranse as secuencias cos actores primeiro para despois reproducilas con figuras feitas con plastilina. Comparto cartel con actores como Gabino Diego, Héctor Alterio, Luis Tosar ou Geraldine Chaplin.
-¿Qué opinas das festas de San Roque deste ano?
-Hai unhas actuacións musicais moi interesantes. A verdade é que a actuación de Gogol Bordello é un verdadeiro puntazo para estas festas. Pereza é un conxunto moi interesante e por suposto Pablo Milanés, un tipo que eu adoro.