O Establecimientos Otero despide o ano en Cambados cunha cómoda cita co Asturavilés

La Voz

AROUSA

22 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

A derradeira xornada do ano na Liga de Primeira Nacional de Tenis de Mesa ofrécelle ao Establecimientos Otero unha inmellorable ocasión para ampliar a seu impoluto balance de sete victorias e nin unha soa derrota. O líder do campionato recibe hoxe en Cambados (17 horas) o Asturavilés, penúltimo clasificado con seis partidos perdidos noutros tantos enfrontamentos. O Liceo Casino de Vilagarcía, pola súa banda, disfruta xa do parón navideño, que se estenderá ata o 12 de xaneiro.

Outras categorías

Polo que respecta ao resto dos equipos do Cambados Tenis de Mesa, todos eles finalizan hoxe o ano deportivo na vila do albariño.

O Grupo Barros recibe o Club do Mar Promesas no mesmo lugar e hora do partido do Establecimientos Otero, nun duelo de altura entre o terceiro e cuarto mellores equipos da Segunda Nacional. Na Primeira Galega, o Joyería Enrique (16 horas) e o Caixa Galicia (18) mídense en San Tomé ao terceiro, o A.C. Ordes. Na Segunda Galega o Caixanova xoga en Cambados contra o Monte Porreiro B (16 horas) e Cinania (18). E na Terceira, o Astegal recibe o Monte Porreiro (17).