O Inelga BBC xoga en Ferrol obrigado a frear a alta porcentaxe de acerto nos tiros de campo do Recinor

La Voz

AROUSA

27 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O Inelga BBC busca esta tarde en Ferrol (18 horas) encadear dúas victorias por primeira vez na tempada e sumar o que sería o seu terceiro trunfo na Liga 2007/08.

O Recinor San Rosendo recibe o conxunto vilagarciano nunha incómoda situación, cuarto pola cola da táboa cun único trunfo en cinco xornadas. Mais as apariencias neste caso semellan claramente enganosas, ao tratarse do mesmo equipo que na primeira xornada de Liga aplastou 106-54 a un Estudiantes de Lugo que unha semana despois vencía 77-75 o conxunto arousán. Dato este ao que lle hai que engadir dúas derrotas en sendas prórrogas fronte ao líder, o Pas Piélagos, e o Sarria, así como un apretado marcador en contra co segundo clasificado, o Marín.

Os resultados do Recinor presentan a un equipo cunha altísima porcentaxe de acerto nos lanzamentos de campo, do 50% nos tiros de 2 puntos e do 30% nos de 3. A victoria do Inelga BBC pasa por evitar estes niveis de anotación. Espiñeira conta cos seus dez homes dispoñibles.