Luís Ángel Sabariz denuncia a escasa promoción da Festa da Lamprea de Pontecesures

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

27 mar 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?o concelleiro de ACP e candidato do PSOE á alcaldía de Pontecesures, Luís Ángel Sabariz, empézalle a preocupar o retraso que leva a promoción da vindeira edición da Festa da Lamprea de Pontecesures. «Sabemos, porque lo dijo el alcalde en un pleno, que la degustación va a ser el día 15 de abril, pero no sabemos nada más», lamentábase onte Sabariz. E, cando di nada, quere dicir exactamente iso: nada. Non se coñece o cartel. Non se coñece o programa e, por esa misma razón, non se sabe se todo se vai reducir a comer lamprea ou se, pola contra, se vai aderezar a festa con actividades doutro tipo. O día 15 de abril é tamén a data na que se pecha a campaña da lamprea. Quizabes por iso foi elixida para facer a gran degustación deste peixe. Non embargantes, di Sabariz, o día non gusta moito aos veciños de Pontecesures, xa que coincide coa celebración do domingo de Pascuilla no veciño Padrón. Malia iso, o candidato a alcaldía polo Partido Socialista amósase disposto a evitar as críticas sobre o calendario elixido polo concello para a celebración. Sempre e cando, claro, se apure a presentación do certame. «Basta con mirar el ejemplo de Arbo -explicaba onte-, donde celebran la fiesta a finales de abril, los días 27, 28 y 29, y ya tienen el cartel en la calle desde hace varios días». Sabariz apremia para que Pontecesures presente a súa propia celebración gastronómica.