Tourís garante a apetura da gardería pese «ao acoso político» de Vicepresidencia

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

28 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O Concello de Cambados anuncia que vai manter aberta a gardería municipal «con todas as garantías» a pesares da apertura dun expediente sancionador por parte da Vicepresidencia da Xunta. «Queda patente a hipocrisía e falsidade do señor Losada, secretario xeral de Vicepresidencia, cando falaba de arranxar polas boas o conflito que el mesmo creou baseándose nun erro documental da propia Xunta (en 2003) que agora se nega teimudamente a corrixir», sinalan desde o Concello. «Agora da outro paso adiante nesta persecución política emprendida contra Cambados e xa anuncia sancións de 15.000 euros cando aínda ten pendentes de resposta as alegacións presentadas polo Concello e obviando os posibles recursos aos que temos dereito en vía administrativa», engade o goberno local. Desde O Concello insisten en que van recorrer esta ou calquera sanción que pretenda impoñer a Xunta por este asunto, esgotando a vía administrativa e elevando o caso aos tribunais se fose preciso. Da polémica da gardería falouse o venres tamén, longo e tendido, no pleno. Se fixo a instancias do PP que presentou unha moción na que, entre outras cousas, pedía a cese de Antón Losada. Tal e como se esperaba, a moción saíu adiante cos votos en contra da oposición, BNG e PSOE, e dou lugar a un acalorado debate. A discusión segue centrada na ilegalidade ou non do controvertido quinto módulo e a polémica se alimenta con novos documentos. O alcalde Cores Tourís presentou no pleno un acta da inspección realizada o 24 deste mes segundo a cal non se fai constar a existencia de ningunha irregularidade neste aspecto, segundo o rexedor. «Os inspectores, que son funcionarios, non se van complicar a vida por defender a un comisario político», engadou onte Cores Tourís.