«Estamos nunha época de bum para as series galegas»

Bibiana Villaverde
Bibiana Villaverde PONTEVEDRA

AROUSA

Entrevista | Marta Pazos O vindeiro martes a serie protagonizada polas viúvas do mar comezará a nova temporada coa participación da actriz pontevedresa que lle dará vida á moderna filla de Aurora

16 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Marta Pazos está encantada con participar en A vida por diante. A actriz pontevedresa recoñece que a pequeña pantalla permítelle chegar a un tipo de público que co teatro nunca alcanzaría. Aínda que se confesa un animal de táboas, négase a abandonar ambas facetas que compaxina perfectamente coa súa vida persoal, entre Santiago e Porto. -A maior parte da súa formación é teatral, ¿Por qué se interesou pola pequena pantaia? -Eu empecei a traballar no teatro e considéronme animal de táboa. A escea é máis explosiva pero está o inconveniente de que a túa forza ten que chegar ao público que está na derradeira fila. A pequena pantalla ten outras ventaxas porque tes a posibilidade de repetir e de poder ver o teu traballo para corrixilo. Estou moi interesada polo lenguaxe cinematográfico, sobre todo nesta época de bum para as series galegas. -¿Qué opina dos productos televisivos resultantes desta explosión? -Estanse a facer moitas series e esta variedade de producto é boa para todos. Hai historias de labregos, de médicos, de mariñeiros... que ademáis de ser productos con moita calidade, permítenlle aos actores da terra ter máis oportunidades de traballo. Son unha boa escola para os que están a empezar, ademáis de servir de plataforma. -¿Cre que existe algún tipo de discriminación da muller na escea galega? -Eu non vivín esta discriminación nin en Galicia nin en España, sempre me tocaron sitios onde estiven moi a gusto. Onde sí atopei algún tipo de diferencias é en Porto, onde parece que é máis raro que unha muller dirixa. -¿Qué opina da tendencia actual de facer teatro ou cine para un sexo determinado? -Non estou de acordo coas series de mulleres, feitas por mulleres e para mulleres. Non me interesa ese tipo de traballos nin a explotación comercial que levan consigo. -Sen embargo, A vida por diante é unha serie onde as protagonistas son cinco mulleres... -Sí pero podería ser igualmente unha serie de homes porque a trama é a historia dun desastre e da supervivencia. Esas mulleres teñen que saír adiante despois de perder aos seus homes nun naufraxio e esta historia é real, non ten nada que ver co feminismo. Ademáis non é solo a historia do desastre dunhas mulleres senón o rebote que causa nas súas vidas esta circunstancia. -¿Cal é a preparación dos actores para interpretar personaxes con tal carga dramática? -Temos que estar moi próximos á realidade pero interpretar este tipo de personaxes é un traballo moi bonito porque os sentimentos están a flor de pel. Para esta serie non fixemos ningunha preparación específica porque é un tema moi real e todos os actores, como galegos, coñecemos a alguén que viviu esta desgracia. Tamén é un traballo complicado porque hai que combinar o drama e humor. Aí é onde reside a calidade da obra.