O Cortegada sofre outra contundente derrota e queda fóra da loita polo título nacional

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

15 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

? madrileño Adecco Estudiantes puxo onte punto e final ao soño do Fundiciones Rey Cortegada de poder acceder aos cuartos de final do Campionato de España Cadete de Baloncesto Feminino. Coma o mércores ante o Antequera, o plantel de Isaac Fernández sufríu onte en Barakaldo unha abultada derrota: 63-39. O técnico do conxunto vilagarcián explicou ao termo do encontro que «mejoramos mucho nuestra actitud respecto al día anterior, pero hoy no metimos una». Unha ollada ás porcentaxes de lanzamento do Cortegada dá bo fé: 14 canastras de dous puntos anotadas de 55 intentos (25,5% de acerto), e 2 triplas de 21 tiros desde a liña de 6,25 (9,5%). Se a iso se lle engaden 37 rebotes, só a metade dos 70 capturados polo seu rival, resulta obvio que o cadro galego non tiña nada que facer onte. Respecto á arbitraxe, Fernández afirma que «no nos ayudó», pero salientou que «me quejaría más de los colegiados si hubiésemos metido más canastas». O preparador do Fundiciones Rey Cortegada di que «lo de hoy entraba dentro de lo posible. Lo que no me esperaba era la manera de perder ayer -polo mércores- con el Antequera. Pagamos la novatada». Agora Isaac quere que as súas pupilas «jueguen los últimos dos partidos con más ilusión que hasta ahora. Tenemos que intentar quedar novenas». Conseguilo pasa en primeiro lugar por derrotar na mañá de hoxe o Ponce, terceiro clasificado do intersector de Vilagarcía. Selección española Por outra banda, o seleccionador nacional, Domingo Díaz, incluíu as ex xogadoras do Extrugasa Aina Dentí, Mireia Navarrete e Clara Bermejo na súa preselección para o Mundial Sénior de Brasil.