O Guindes de Málaga e o Estudiantes, rivais do Cortegada no Campeonato de España


la voz | vilagarcía

? Fundiciones Rey Cortegada coñeceu onte o nome dos seus dous rivais na primeira fase do Campeonato de España de Baloncesto Cadete Femenino, a vindeira semana en Barakaldo. O Oaxaca Antequera Guindes de Málaga, tercer clasificado do Grupo Sur, e o Adecco Estudiantes de Madrid, segundo do Centro, serán os seus obstáculos por unha das dúas primeiras prazas de grupo. As mesmas que darán dereito a disputar os cuartos de final.O equipo de Isaac Fernández descansará na primeira xornada do campionato, o vindeiro martes 13, para debutar un día despois fronte ao Oaxaca Antequera Guindos. O xoves as vilagarcianas mediránse ao Adecco Estudiantes. Ambos partidos, a partir das 12.00 horas. En caso de clasificarse para os cuartos de final, o Fundiciones Rey Cortegada xogaráse unha praza nas semifinais fronte ao primeiro ou segundo clasificados do grupo formado polo CajaCanarias, primeiro do Grupo Sur, Santa Rosa de Lima, terceiro do Grupo Leste, e Moviflex Fodeba de Gijón, terceiro do Grupo Norte.Fernández, moi satisfeitoO adestrador do conxunto arousán amosábase onte notablemente satisfeito pola sorte do Cortegada no sorteo dos grupos do Campeonato de España. Así, Isaac Fernández comentou que «dentro de lo complicado que es en principio cualquier rival en una cita como esta, hemos tenido suerte. Tanto en la primera fase como con los contrincantes que nos pueden tocar en los cuartos de final, ya que los grades favoritos al título, Barcelona, Ceset, Uni Tenerife y Ros Casares, están en el otro cuadro de competición».O plantel arousán adestraráse hoxe, o venres, o sábado e o domingo, para partir o luns ao mediodía dirección Barakaldo. Alá chegará o luns pola noite. O martes descansará e fará a súa derradeira sesión de traballo antes do seu debú.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O Guindes de Málaga e o Estudiantes, rivais do Cortegada no Campeonato de España