Gustavo César Veloso marcha 19º da xeral do Tour do Porvenir trala terceira etapa


la voz | vilagarcía

A xoven promesa do ciclismo vilagarcián, o veciño de Bamio Gustavo César Veloso, está a demostrar un gran nivel na súa primeira participación no prestixioso Tour do Porvenir de Francia, que se disputa entre os días 4 e 13 de setembro, e no que figura coma xefe de filas do equipo portugués Carvalhelhos-Boavista.Logo de rematar no vixésimo posto na primeira etapa, unha contrarreloxio curta de 10,7 quilómetros con saída e chegada a Bonneval, Gustavo César subíu un chanzo máis na xeral, ata a decimonovena praza, na segunda xornada da carreira. Foi o pasado venres, entrando ó sprint có mesmo tempo co gañador da etapa, o fancés Sébastien Chavanel, e outros 102 corredores máis. Na etapa de onte, 171 quilómetros entre as localidades de Sassay e Aigurande, o desenlace foi exactamente o mesmo, con Chavanel atravesando triunfador a liña de meta ó sprint co mesmo crono cá outros 97 efectivos, incluído o propio Veloso. Pesie ós éxitos de Chavanel, a xeral está comandada desde o primeiro día polo británico Bradley Wiggins. O vilagarcián mantense a escasos 33 segundos. Hoxe disputarase a cuarta etapa, a máis longa do Tour, 233,5 quilómetros entre Saint Server Sur Indre e Le Rouget, e mañá a quinta, Maurs-Saint Flour (155 q.).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Gustavo César Veloso marcha 19º da xeral do Tour do Porvenir trala terceira etapa