O Campeonato de España Sub 20 coñece xa o nome de seis dos seus oito participantes

La Voz

AROUSA

BALONCESTO

09 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN VILAGARCÍA A falta dun mes escaso para a celebración en Vilagarcía do Campeonato de España Sub 20, a Federación estatal de baloncesto informou onte á Fundación Deportiva Municipal do Concello arousano que xa hai seis equipos clasificados para a competición. Joventud de Badalona, Barcelona, Baloncesto León, Basket Manresa, Adecco Estudiantes e Unicaja de Málaga fixéronse con candanseu pasaporte para a cita en terras galegas. Os tres primeiros se encadrarán no Grupo A e os e os outros tres no B. As dúas prazas restantes se decidirán o vindeiro 1 de xuño en Madrid. O Baloncesto Cáceres e o Teide de Canarias, por un lado, e o Pamesa Valencia e o Tenerife, polo outro, loitarán por facerse coas únicas vacantes nos grupos A e B, respectivamente. Unha distribución que se elaborou en función dos resultados da edición do Campeonato de España do 2001. Os oito clasificados xogarán o torneo Sub 20 no vilagarciano Pabellón Muncipal de Fontecarmoa entre os días 12 e 16 do vindeiro mes de xuño.