«A reforma estatal discrimina ás mulleres»

La Voz

AROUSA

Rosa Abuín, secretaria da CIG en Arousa

07 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Para a sindicalistas Rosa Abuín, a situación as mulleres no mundo laboral está empeorando nos últimos meses. Sostén que a reforma laboral e os recortes de persoal que se están a facer nos últimos tempos afecta sobre todo ás mulleres. -¿Cómo ve a situación das mulleres no mundo laboral? -Creo que é o colectivo máis sacrificado porque as reformas laborais que se están a facer afectan sobre todo a mulleres. Dende a CIG queremos denunciar que sectores coma a conserva, o textil é donde máis discriminación hai por culpa desta reforma. Sabendo que nas ETT o 80% son mulleres e fácil facerse unha idea de como está o mundo laboral neste momentos. -¿E que hai que facer para solucionar esto? -A solución está na negociación colectiva, que tiña que ter unha maior participación femenina. E neste senso hai que chamar á atención ós sindicatos estatais para que fagan autocrítica. Por outra banda, tamén habería que introducir melloras sociais como garantir o posto despois dunha excedencia por maternidade. Tamén é necesario crear maís garderías gratuitas e centros de atención para os maiores. Algo que non se están dando e que é moi importante para garantir o traballo das mulleres.