O festival Cultura Quente arranca este serán cunha actuación da Escola Municipal de Música O terceiro Cultura Quente de Caldas arranca este serán cunha actuación da Escola Municipal de Música a partir das oito no Auditorio do Paseo de Román López.
28 jun 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Este concerto abre tamén as actividades dos distintos colectivos locais ó longo do festival, que se desenvolverá ata o vindeiro 16 de xullo e que este ano leva por lema Pola cultura da paz. A música será sen súbida a protagonista do primeiro fin de semana. Mañá venres, a partir das nove e media da noite, os grupos After Feed Back, Ill, Skunk D. F., Dismal y Tako tocarán na Carballeira. After Feed Back é un grupo barcelonés avalado por unha traxectoria sorprendente, herdeiros dun sonido actual combinan e fusionan todo tipo de efectos que fan deles un grupo pioneiro neste tipo de música, con influencias de Korn, Limp Bizkit, etc. Este ano foron finalistas no prestixioso Villa de Bilbao. Ill é unha banda de San Sebastián que gañou o Villa de Bilbao no 99. Para algúns é o grupo con máis futuro do panorama nacional. Os madrileños Skunk D. F. volven a Caldas para presentar novas cancións. É o único conxunto que participou en tódalas edicións do Festimad e o seu disco Equilibrio foi elixido como un dos cinco mellores do 99 a pesar de estar nunha compañía independente. Tako é un grupo de Zaragoza cunha ampla traxectoria que fai un pop-rock en castelán, sendo o seu directo o plato forte con letras inconfundibles. Finalmente, os pontevedreses Dismal presentarán o seu novo disco. Para a organización este conxunto define o carácter emerxente do festival, «poucos orzamentos e poucos apoios pero excelente calidade».