Factor Maxime de Zeeuw

Fran Varela A CUATRO BANDAS

ANDAR MIUDIÑO

02 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Todas as baixas son importantes nun equipo, pero, neste primeiro tramo de liga, penso que non dispoñer de De Zeeuw ó 100 % impediu que levásemos algunha vitoria máis. Debo recoñecer que cando anunciaron a súa fichaxe non o coñecía, pero chegoume con ver os trece minutos que xogou no primeiro partido de liga contra o Burgos para darme conta do peso que debe ter neste equipo. A partir de aí as aparicións foron intermitentes e sen darlle ao equipo todo o que necesitaba. Nun equipo cun dos presupostos máis baixos, todo o roster é importante. Cada un debe sumar para poder chegar ó final do partido con opcións de gañar. Nacho, Pepe e Kostas (como está xogando e cargando co peso do equipo) están sendo a columna vertebral, e pouco a pouco vanse sumando e deben sumarse máis xogadores para conseguir un equipo compacto que poida competir os 40 minutos. Confío a cegas no traballo do corpo técnico e a dispoñibilidade dos xogadores para dar un paso, ou mellor, unha zancada máis para alcanzar o nivel que todos desexamos.