O Concello busca ofrecer á veciñanza formación e práctica relacionada coa biodiversidade e o patrimonio natural da zona
20 sep 2026 . Actualizado a las 17:20 h.O departamento de Agricultura do Concello de Xove, que dirixe Dolores Meitín, organizará o sábado 10 de outubro as súas primeiras Xornadas Micolóxicas. Unha iniciativa «que abre un novo espazo de aprendizaxe, divulgación e contacto directo coa natureza», din. O programa combina unha charla divulgativa, unha saída de campo un e obradoiro práctico de identificación de cogomelos. A actividade comezará ás 10.00 da mañá no salón de actos do Centro Cívico de Xove e, logo dunha pequena parte teórica, os participantes desprazaranse polos seus propios medios a un punto do concello na procura de atopar cogomelos. Na saída de campo explorarase a diversidade micolóxica da contorna, e polo tarde terá lugar un obradoiro de identificación. Traballarase tratando as características morfolóxicas e boas prácticas de recoñecemento seguro destes cogomelos. A participación nestas xornadas é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas. As persoas interesadas deberán realizar a preinscrición antes do 3 de outubro a través da seguinte ligazón: bit.ly/micoloxia-xove. O Concello lembra que a recomendación de traer roupa axeitada, cesta e navalla para a saída de campo. Con esta iniciativa, o Goberno local aposta pola divulgación do coñecemento do medio natural e por ofrecer á veciñanza actividades formativas e prácticas relacionadas coa biodiversidade e o patrimonio natural de Xove.