A Xove Costa Trail abre o prazo para inscribirse

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

Dende as 9 da noite se poden apuntar a unha carreira de trail que se celebrará o 21 e 22 de agosto, tras ter que aprazarse no 2020

11 jun 2021 . Actualizado a las 18:53 h.

Este ano a carreira Xove Costa Trail celebrarase en duas xornadas, sábado 21 e domingo 22 de agosto. Hoxe ábrese o prazo para participar na mesma.

Na xornada do sábado 21, organizarase a Andaina, con saída na Praia de Esteiro e chegada a Praia de Morás, con un percorrido de 15 kilómetros pola senda costeira de Xove. Tamén o sábado 21, celebrarase a Xove Costa Trail dos Nen@s, con duas carreiras de 500, e 1500 metros aproximadamente pola zona do Cabo Morás, e percorrendo parte da senda costeira. Polo tanto a xornada do sábado será na sua totalidade na zona de Morás. Todolos participantes, tanto de Andaina como de Trail dos Nen@s, deberán desprazarse pola sua conta a Morás. Unha vez en Morás, desprazaranse en autobús ata o punto de partida de cada proba.

A xornada do domingo 22, e decir o evento dos dous trails, 25 e 15 kilómetros, terán a meta no Centro Cívico de Xove. O 25K terá a sua saída na Praia de Portonovo percorrendo toda a Costa, e despois adentrarse hacia o interiror para chegar a Xove, seguindo o cauce do río Guilán, e o 15K, terá a saída na Punta da Mansa.