Xove entrega 68.000 euros a autónomos e microempresas como axuda fronte ao covid-19

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

Imagen de archivo de parte de la travesía de Xove
Imagen de archivo de parte de la travesía de Xove PEPA LOSADA

Os 49 beneficiarios xa as recibiron

03 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Xove puxo en marcha hai uns meses unha serie de medidas excepcionais co fin de paliar os danos producidos pola pandemia; entre estas medidas destacan as axudas destinadas a apoiar aos autónomos e microempresas para facer frente aos efectos orixinados polo estado de alarma.

Establecéronse dous tipos de axudas, unha para establecementos obrigados ao peche e outra para os que ? sen estaren obrigados a pechar- xustificasen unha reducción igual ou superior ao 40% dos seus ingresos en relación ao semestre anterior.

Inicialmente estaba previsto destinar 100.000 euros a estas axudas, que serían ampliadas se fose necesario. Finalmente, estas axudas cuxa solicitude estivo aberta ata o 1 de setembro, supuxeron unha cantidade de 67.875 euros, repartidos en 49 solicitudes aprobadas, cantidade que xa lle foi ingresada xa aos solicitantes por parte do concello.

«Trátase dun esforzo importante do concello por axudar a manter a súa estrutura económica, en especial aos traballadores autónomos e microempresas, duramente golpeados pola crise do covid-19 e os seus demoledores efectos. Lóxicamente, isto compleméntase coa axuda que o concello mantén aos traballadores de Alcoa e da continuidade da producción da mesma na comarca. A defensa dos postos de traballo é un obxectivo fundamental e irrenunciable para o concello», sinalaba o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro.