XXX Aniversario da Asociación de Mulleres Bolboretas en Xove

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

CEDIDA

15 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

En maio de 1990 foi o mes no que se fundou oficialmente a Asociación de Mulleres Bolboretas en Xove. Esta asociación ten as súas raíces na Urbanización de Palmeiro onde hai 40 anos chegaron vivir moitas familias novas, procedentes de distintos puntos da xeografía española. A empresa, naqueles intres Alúmina-Aluminio, hoxe Alcoa, encargou construir vivendas cerca da factoría, para que puideran vivir os empregados e as súas familias. Foi a primeira Asociación da Provincia que englobaba todo tipo de mulleres, sen excepción, mulleres do rural, mulleres urbanas, amas de casa, traballadoras etc. Teñen feito nestes anos moitas actividades. O Concello de Xove, co alcalde Demetrio Salgueiro á cabeza, aproveita este aniversario para felicitalas publicamente e agradecerlles que estean elaborando mascarillas dende que comenzou o estado de alarma.