Xove realiza traballos de desinfección diarios e presta servizo a 70 maiores

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

PEPA LOSADA

O Concello aplica todas as medidas contra o coronavirus

22 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende o pasado día 18 de marzo, como medida preventiva, no Concello de Xove estanse realizando traballos de desinfección diario das aceras no entorno de todos os locais que permanecen abertos (Centro de Saúde, farmacia, supermercados, pescadería, panadería, estanco e entidades bancarias).

Lembran que dende o día 12 de marzo, antes incluso de que fose de obrigado cumprimento, o Concello de Xove pechou ó público tódolos servizos municipais que supoñían tránsito de persoas, e polo tanto podían supoñer un foco de contaxio, como eran, Escola Infantil, piscina e ximnasio, pavillón, campos de fútbol, ximnasia, obradoiros de tempo libre, salón de actos, biblioteca, escola de música, centro de maiores. Asimesmo, dende ese mesmo día informouse ó personal municipal adscrito a eses servicios que debería permanecer nas súas casas. Dende ese momento só permanecen no Concello en horario de oficinas o alcalde, secretario xeral, unha persona para atención telefónica e outra persona para atención a casos de urxencia. Síguese a prestar Axuda no Fogar nos casos de dependencia, maiores que viven sós e casos especiais para Servizos Sociais.