Veciños de San Isidoro protestan polo estado da estrada ata Xove

La Voz XOVE/ LA VOZ

XOVE

CEDIDA

O alcalde recolle as queixas polos baches nun vial da Deputación

23 dic 2019 . Actualizado a las 17:40 h.

Un nutrido grupo de veciños de San Isidoro de Monte mantiveron onte no salón de plenos do concello unha xuntanza co alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, onde lle manifestaron o profundo malestar polo estado da estrada que vai dende Xove a San Isidoro de Monte -de titularidade da Deputación- e que presenta un estado lamentable con baches, pequenos e grandes, con pérdidas asfálticas en prácticamente todo o percorrido. Nestes intres é un auténtico perigo. Demandan á Deputación o arreglo, que xa debía estar feito este ano.