O polbo da pedra triunfou en Xove

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

Xaime Ramallal

19 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Como cada Xoves Santo, nos locais de hostelería de Xove asociados á Aciam púidose degustar no Xoves Santo o polbo da pedra preparado en varias especialidades: á feira, en empanada, ao alliño, á brasa, en vinagreta, con queixo de San Simón, á mariñeira, con mollo de allo, en pizza ou revolcón. Ademais, ata o 28 de abril permanecerá aberta de 10 a 21 horas na sala de exposicións do Concello de Xove unha mostra sobre a vida e o ecosistema deste saboroso cefalópodo mariño.