«Trote é especial e distinta, pódese sentir. Eu buscaba unha película con vida e forza»

A súa primeira longametraxe xa se pode ver en Cines Viveiro


xove/la voz

Onte estreouse na Mariña en sala cinematográfica (Cines Viveiro) a película Trote do director xovense Xacio Baño. Ao longo desta fin de semana máis o vindeiro xoves seguirán tendo os mariñáns a ocasión de ver por fin a súa primeira longametraxe, con exitosos pases, por exemplo, en festivais de renome como o de Locarno ou San Sebastián. Trote entrou por esa porta grande para agora atoparse co público, que tamén é parte da alma do cine.

?Por fin vemos Trote na Mariña. Unha longa espera que acabou. Agora toca xira de presentación.

?Sei que hoxe [por onte] estou en Madrid, na Cineteca. Mañá [por hoxe] presento en Santiago, nos Numax ás 17.45 e despois, ás 21.30 e con máis equipo, nos Cantones de A Coruña. O vindeiro mércores 19 volveremos aos Numax en Santiago e o xoves 20, a Lugo. María Vázquez [fai o papel de Carme na película] vai estar comigo varios días. A idea agora é acompañar a película. Non é coma Bohemian Rhapsody, aquí non hai un Queen detrás que xa chama ao público (sorrí).

?Este é o cara a cara con el.

?Penso que en todas as películas está ben que haxa un coloquio e se poda falar dela, se poda profundizar máis. É algo moi bo para os espectadores e o director.

?Despois de estudar o proxecto, buscar apoio, rodar... este é coma un estriptís cinematográfico. É o contacto directo co público, como espirse diante del. Hai medo?

?Non teño moito medo a iso, dáseme ben espirme ben en público, contar o que me pasa polo corpo. Antes si que ía cun discurso máis pechado ás entrevistas. Pero facer cinema dáche a posibilidade a estar aberto, a recibir críticas e a contestalas.

?De Trote foron moi boas. Por certo, cando virá á Mariña para manter ese útil coloquio cos espectadores da comarca, agora que xa está aquí estrenada?

?Estou desexando ir á Mariña a presentala, pero aínda non se sabe nada. Sei que a proxectan, pero hai xente que manexa os meus destinos estas semanas. Gustaríame ir a Viveiro a presentar Trote alí, porque tamén teño familia miña aí. Pero non está na miña man. Onte [por antonte] estiven no Barco de Valdeorras, que é onde viven meus pais. O xoves vou estar no pase de Lugo.

?É a primeira longametraxe súa, que lle está deixando un sabor ás que doce, verdade?

?Teño que dicir algo que ao mellor soa a pesimismo, pero todo proceso de creación sempre é amargo porque che quedan cousas polo camiño e é coma unha exprimidora, quedas exhausto, hai unha distancia entre o que imaxinas e a realidade e acortar esa distancia é un reto. Esta película é especial, distinta, pódese sentir, latir... Eu buscaba unha película que tivera vida e forza propias e que non fose para hoxe e agora, non de degustación rápida, senón algo do que dentro de 20 anos digan ‘que ben!’. Trátase de buscar un espazo e un lugar narrativo que ao mellor non son do máis normal. Creo que hai que ser moi valente nestes tempos e non apostar por cousas que nacen vellas ou caducas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Trote é especial e distinta, pódese sentir. Eu buscaba unha película con vida e forza»