Constantina López Martínez cumpriu 101 anos en Xove

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

19 dic 2017 . Actualizado a las 21:36 h.

A muller máis lonxeva do Concello de Xove, Constantina López Martínez, cumpriu 101 anos, nin máis nin menos. O alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, visitaron a Constantina López e á súa familia no seu domicilio para felicitala polo seu cumpreanos e desexarlle unhas felices festas de Nadal e un próspero ano 2018 na compaña dos seus (na imaxe).

Constantina López Martínez estivo acompañada polos seus familiares máis directos durante esta visita. Dicir, como anécdota, que lle encanta o doce e a tarta de chocolate foi do máis acertada para celebrar como se merecen este século de vida e un ano máis, 101.