Festa e callos no Cruceiro, en Xove, e hoxe tamén encontro de 400 palilleiras

La Voz XOVE / LA VOZ

XOVE

p. losada

Onte repartíronse 1.200 racións do popular prato

01 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación Alto do Cruceiro, de Xove, concretamente de Suances, repartiu onte á noite 1.200 racións de callos na súa festa; foi un éxito e o día acompañou, de certo, para degustar callos. Os organizadores foron precavidos e instalaron unha carpa para que a auga, de chover, non estragara a festa. A ración, con pan e viño, costaban cinco euros; esta é unha cita xa clásica no comezo do outono en Xove e cada vez a festa vai sendo máis coñecida. E para mover os callos, ó final da noite non faltou a festa coa orquestra Costa Oeste. Hoxe xa non hai callos pero a festa sigue no Cruceiro con máis música e oficios relixiosos.

E tamén hoxe en Xove celébrase no Centro Cívico unha nova edición do Encontro de Palilleiras, ao que asistirán unhas 400 palilleiras de toda a zona, de Galicia e de Asturias coa colaboración do Concello de Xove. Xornada completa pois.