Agotadas as entradas anticipadas para a homenaxe á «Catro Vellos Mariñeiros» do 5 de agosto
VIVEIRO / LA VOZ
VIVEIRO
Os boletos restantes poderánse recoller o día da función a partir das 20.00 horas na taquilla do Teatro Pastor Díaz
29 jul 2026 . Actualizado a las 18:39 h.O Concello de Viveiro informa de que xa se esgotou o reparto anticipado de entradas para a representación «Catro Vellos Mariñeiros. A Homenaxe», prevista para o vindeiro mércores 5 de agosto ás 21.00 horas no Teatro Pastor Díaz. As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20.00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.