Celeiro acollerá este sábado a cuarta edición das Carreiras de Cabalos Cidade de Viveiro
VIVEIRO

A cita foi presentada por Cabaleiros do Landro e o Concello
07 sep 2023 . Actualizado a las 21:01 h.O Concello de Viveiro presentou este xoves a cuarta edición das Carreiras de Cabalos Cidade de Viveiro, que terán lugar esta fin de semana, os días o e 10 de setembro, no campo de fútbol de Celeiro. A alcaldesa, María Loureiro, e Gabriel Vizoso, da Asociación de Cabaleiros do Landro, deron a coñecer a cita deportiva. «Un ano máis, dende o Concello de Viveiro colaboramos con esta cita, que posiciona a nosa vila, e Celeiro en concreto, como un punto de interese turístico e deportivo», subliñou María Loureiro. A xornada do sábado comezará ás dez en punto da mañá coa celebración da final do Campionato Galego de Andadura Individual, mentres que pola tarde se celebrará o Campionato Galego de Andadura por equipos e unha exhibición de pastoreo con cans.
Andadura libre
O domingo, celebraranse as distintas competicións por categorías, que inclúen andadura libre serrada, chapeada e galope. Haberá tamén exposición de maquinaria e feira de gando, que serán abertas a veciños e visitantes.