Exposición de traxes rexionais de Bágoas da Terra polas Letras Galegas en Viveiro
VIVEIRO / LA VOZ
VIVEIRO

17 may 2023 . Actualizado a las 12:42 h.
A Asociación Bágoas da Terra inaugura este mércores Día das Letras Galegas a súa exposición de traxes rexionais no salón de usos múltiples do concello polas Letras Galegas. Poderá visitarse polas mañás ata o vindeiro luns. Colabora o Concello de Viveiro. A exposición recolle diferentes esceas ca súa respectiva indumentaria, como a escea do traballo do mar, labrego, fiada, etc. O vestiario é patrimonio de Bágoas da Terra.
Ademáis, ás 12.00 David Bellas interpretará o Himno Galego dende o balcón da biblioteca. Tamén haberá sesión de música e libros na praza da Fontenova ao mediodía coa actuación do coro do Lois Tobío e pola tarde (18.30) no teatro actuación para os pequenos de Magín Blanco.