
La alcaldesa viveirense responde a las declaraciones de la consellería
07 feb 2023 . Actualizado a las 19:17 h.«Que a Consellería de Infraestruturas non minta, que deixe de enganar aos veciños e veciñas de Viveiro e que non volva utilizar a Xunta de Galicia, que é unha institución pública, para facer campaña a favor do PP, igual que fixo hai catro anos e que volve a facer agora». Son palabras de la alcaldesa, María Loureiro, en respuesta a la consellería, desde donde señalaban a través de La Voz que Viveiro bloqueaba la construcción de la variante.
«O Concello de Viveiro non está bloqueando ningún trazado da variante e, de feito, non ten ningunha información nin con respecto ao trazado da ponte sobre a ría nin do anterior, entendendo que estaría en vigor o redactado pola Xunta de Galicia no ano 2010», explica Loureiro.
Hai que lembrar que no ano 2009 había un trazado para a variante de Viveiro consensuado e aprobado polo Consello da Xunta, aprobado polo pleno do concello e que contaba co apoio dos veciños, quedando unicamente realizar a licitación das obras. Pero houbo un cambio no goberno da Xunta e, en agosto de 2010, chegou ao Concello de Viveiro unha caixa, chea de planos, impoñendo un novo trazado. Ante este novo trazado, imposto pola Xunta de Galicia e sen consenso, presentáronse reclamacións tanto por parte dos veciños perxudicados como do Concello de Viveiro», recuerda la alcaldesa.
«Por parte da Xunta de Galicia en ningún momento se chamou ao Concello de Viveiro para reunirnos, para estudar e valorar a nova proposta, foi un trazado imposto, un pretexto para non facer a variante. Dende aquela, a Xunta de Galicia non se volveu a poñer en contacto co concello, a pesar de que, dende o goberno municipal, se continuou reclamando un trazado da Variante para Viveiro», añade.
«En 2018 a Xunta chamou ao concello para informar da existencia dun posible proxecto para a variante que consistiría na construción dunha ponte que cruzaría a ría de Viveiro, sen enviar a documentación necesaria para coñecer, de forma concreta, as características desta alternativa. Sobre este `posible proxecto´, a Xunta de Galicia mantivo unha reunión cun colectivo relacionado coa pesca. Tal e como se indicou naquel momento, o goberno municipal non se posicionou nin a favor nin en contra deste posible trazado, tendo en conta que non se facilitou información suficiente para coñecer o seu alcance».
Este asunto foi tratado no pleno da corporación, a instancias dun dos grupos políticos municipais, que presentou unha moción para rexeitar dita infraestrutura sobre a ría. O Concello de Viveiro, co voto de calidade da alcaldesa, rexeitou pronunciarse en contra, ao non ter elementos para poder formar un xuízo sobre a repercusión da proposta da ponte», expone Loureiro.
«Independentemente do que persoalmente puideramos pensar, sen valorar se a ponte puidera ser eficiente ou non para o concello, co voto de calidade da alcaldesa, votamos en contra de rexeitar este posible proxecto, sobre o que non tiñamos nin temos nada tanxible. Neste contexto, o Concello de Viveiro está tramitando o PXOM e para poder continuar cos trámites correspondentes por parte da Xunta de Galicia díxosenos que tiñamos que poñer o trazado da variante, polo que no PXOM se incluíu o trazado enviado pola Xunta en 2010 e non o que estaba aprobado e consensuado inicialmente», engade Loureiro.
«A incorporación da variante ao documento do PXOM foi un condicionante, unha esixencia da Xunta para continuar coa súa tramitación, polo que se incorporou o trazado de 2010, que fora aprobado e imposto pola Xunta de Galicia, para continuar coa tramitación do PXOM».
«A falta deste trazado non é excusa para avanzar na VAC Costa Norte»
«Insisto -resalta María Loureiro-, o Concello de Viveiro nunca obstaculizou o trazado da variante e, en todo caso, a falta deste trazado non é excusa para que a Xunta de Galicia non teña feito a VAC Costa Norte. Se houbera vontade política, o corredor podería estar feito, como podería estar feito, tamén, o arranxo da LU-540, entre Viveiro e Roupar, anunciado hai catro anos en plena campaña electoral de 2019 por Feijóo, e sospeitamos que volverán a prometelo nas próximas eleccións municipais. Non se pode permitir que se condicione a VAC ao trazado da variante de Viveiro só por facer campaña».
«Dende o goberno municipal estamos loitando por sacar adiante o PXOM e a execución das actuacións que contribúan a minimizar o risco de inundacións en Xunqueira, para o que vimos traballando de forma consensuada con todos os grupos políticos municipais e nunca saimos publicamente para criticar ao PP, porque hai cousas que se deben aclarar nos despachos», concluye.