Abriu o mercado de nadal en Viveiro A Trastenda de Nicomedes

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

CEDIDA

En Sargadelos celebrouse outro similar, organizado por negocios do Centro de Emprendemento

18 dic 2021 . Actualizado a las 20:48 h.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, visitaron o mercado de Nadal A Trastenda de Nicomedes. Ubícase no Salón Multiusos e está organizado pola Asociación Proa, en colaboración co Concello. Nesta edición participan un total de 16 artesáns e artesás. Concretamente, están presentes: Rappa Taller, Conloquetengo, Sol Rujas, Artesanía Nia, David Catá, Taller Viola, La Bellota Mágica, Paula dimé, Obradoiro Taxus de madeira, Licores Os Maios, Salsagaucha, Kiyoko Sato, Dkastro/O Sapo Chosco, Augas Santas Cervexeiros da Mariña, Miña Rula e Sopa de Nuez. Contará este ano cun espazo solidario, dedicado á integración social no mundo laboral a cargo de Aspanan. Abre ata o 4 de xaneiro de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas (o 24 e 31 ata as 20.00; o 25 e día 1 de 18 a 21).

Tamén se celebrou o Mercado de Nadal de Sargadelos, promovido po los negocios locais Marmeladas A Morena, Serea Surf e Pasiños na Lúa. Colaboró el Concello de Cervo.