O BNG recolle máis de 100 sinaturas nunha hora en Viveiro contra a suba da luz

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Miriam Bermúdez, portavoz do BNG en Viveiro
Miriam Bermúdez, portavoz do BNG en Viveiro CEDIDA

03 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Viveiro recolleu máis de cen sinaturas en contra da suba do recibo da electricidade en apenas unha hora. Membros da formación nacionalista desprazáronse ó mercado semanal nunha acción coa que pretenden denunciar o que definen como «espolio». «Somos produtores de enerxía, temos os nosos montes ateigados de eólicos e seguimos sen recibir compensación algunha. É máis, somos os galegos e as galegas as que pagamos a factura da luz máis cara de todo o Estado español», manifestaron os nacionalistas.

Terceiro xulgado

Por outra banda, o BNG pregunta á alcaldesa, María Loureiro, se realizou algunha xestión para favorecer a creación do terceiro xulgado en Viveiro. «O pasado 22 de xuño coñecíamos que o TSXG reclamaba 12 unidades xudiciais ‘esenciais’ para evitar saturacións, mentres que nos Xulgados de Viveiro están entrando o dobre de asuntos que deberían ter entrada segundo os módulos aprobados polo Consello Xeral do Poder Xudicial e o Ministerio de Xustiza», din.