O BNG de Viveiro pide comisións mensuais para lograr a reapertura do matadoiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

29 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A voceira do BNG en Viveiro, Miriam Bermúdez, levará ao próximo pleno «a esixencia de celebrar unha comisión mensual na que se informe das xestións relacionadas coa resolución do contrato do matadoiro, así como das xestións a desenvolver para promover a reapertura do mesmo». Denuncia que o Goberno local «deixou caer un servizo municipal máis evidenciando unha clara falta de control das contratacións externas coas que conta o Concello de Viveiro».