A Xunta destina 842.000 euros á rehabilitación en Viveiro do IES María Sarmiento

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

O proxecto incluirá a substitución da caldeira de gasóleo por unha de biomasa, ou a instalación dun novo illamento exterior

10 may 2021 . Actualizado a las 21:07 h.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de licitar as obras de rehabilitación integral do IES María Sarmiento de Viveiro cun orzamento de 842.800 euros. O proxecto enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica Galega, que adopta unha nova perspectiva «para habilitar centros idóneos para a aprendizaxe e para a convivencia, aliados da saúde, apostando polos espazos amplos e por instalacións menos contaminantes», segundo destacou o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, durante unha visita ás instalacións. Boa parte do investimento irá orientado a medidas de eficiencia enerxética, que conseguirán un aforro do consumo e das emisións contaminantes. Entre outros, vaise instalar un novo illamento exterior tipo SATE, substituiranse as carpinterías exteriores por outras de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre, ou cambiarase a caldeira de gasóleo por outra de biomasa. O prazo de execución das obras será de cinco meses.