«Viveiro xa estaba en nivel extremo e pouco cambia, algúns horarios sí»

s. corral VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

El Concello viveirense aclara las novedades con las nuevas restricciones

28 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

En Viveiro en realidad poco cambia ahora, porque ya estaba en un nivel de restricciones extremo, «só algúns horarios, os comercios que teñen que cerrar ás seis, o demáis practicamente é todo igual; bueno, o Viveiro pode adestrar e xogar na casa», explicaba la alcaldesa, María Loureiro.

La regidora precisaba: «No caso do Concello de Viveiro mantéñense as mesmas medidas que xa viñan sendo de aplicación, introducindo como novidade o peche dos establecementos e locais comerciais ás 18 horas e exceptuando desta obriga os comercios de

alimentación, bebidas, tabaco, gasolineras, artigos médicos e ortopédicos, farmacias e tendas de alimentos para animais de compañía, que poderán pechar ás 21:30 horas (salvo que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente, un horario inferior ou superior)».

«As actividades de servizos profesionais -añade María Loureiro-, como perruquerías, centros de estética, talleres, xestorías, etc., non se verán afectados por esta medida de redución de horario podendo pechar no seu horario habitual». Negocios que antes eran esenciales, como librerías, ferreterías, etc, ahora han de cerrar a las 18 horas, aunque ayer había aún dudas y cierta confusión.

«Ademais -indicaba María Loureiro- a Xunta de Galicia autoriza o uso de instalacións deportivas para a práctica do deporte federado de ámbito nacional que teñan a competición vixente, caso do Viveiro ou do piragüismo».

«Así mesmo mantense a suspensión das clases presencias do Conservatorio Profesional de Música ata o 17 de febreiro, que o concello decretara inicialmente por prevención ata o 5 de febreiro de 2021. O concello tamén decidiu manter ata o 17 de febreiro de 2021 o peche da Escola Infantil Municipal».

«Finalmente lémbrase que se continúa mantendo o peche perimetral, non se permiten reunións de persoas non conviventes e o toque de queda ás 22 horas. Dende o goberno municipal pedimos aos veciños de Viveiro a máxima prudencia e o estrito cumprimento das medidas establecidas para superar o antes posible esta situación», concluía.