O BNG de Viveiro pide reforzar a área económica e social do Concello

A formación presentou a súa proposta para os orzamenos do 2020

O BNG tamén pide que se reforce o servizo de limpeza municipal xa que a necesidade de desinfección vaise prolongar no tempo por mor do coronavirus
O BNG tamén pide que se reforce o servizo de limpeza municipal xa que a necesidade de desinfección vaise prolongar no tempo por mor do coronavirus

viveiro / la voz

Que no Concello de Viveiro só haxa unha interventora un día á semana e que máis de media ducia de postos de traballos relacionados cos servizos e a promoción económica ou a contratación estean sen cubrir «é totalmente insuficiente», segundo afirmou este mércores a voceira municipal da formación nacionalista durante a presentación, mediante de video conferencia, da proposta do Bloque para os orzamentos municipais do 2020. Tras destacar que a estas alturas o Goberno local non fixou a data do pleno no que será debatido o proxecto económico nin enviou á oposición ningún documento para o seu estudo, Miriam Bermúdez deu cunta dunha ampla batería de propostas cuxo principal obxectivo sería «ofrecer unha mellor atención e unha mellor calidade» nos servizos que se prestan a veciños e a empresas, especialmente pola crise do covid-19. Ademais de reforzos para xestionar a área económica, pide, entre outros, reforzos para a social, e xestión de axudas en campos como o das telecomunicacións.

«É necesario que a web municipal cubra as necesidades actuais», Miriam Bermúdez, voceira do BNG de Viveiro

Reforzar os servizos municipais de limpeza posto que as tarefas de desinfección polo coronavirus se van prolongar, investir na web do Concello ou favorecer a mobilidade sostible con carrís bici ou aparcabicis son algunhas das medidas que, segundo o BNG, o Concello de Viveiro debería impulsar nos orzamentos do 2020. «Nesta crise quedou de manifesto a importancia das telecomunicacións, e é necesario que a web municipal cubra as necesidades actuais, divulgue información importante ou facilite que a veciñanza realice xestións de maneira dixital», sinalou a voceira. A formación presentará unha moción para que, entre outros, a Xunta impulse un plan de reactivación económica, e se inste á FEGAMP a esixir a derrogación da chamada «lei Montoro» para que os concellos podan mobilizar os seus recursos económicos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
33 votos
Comentarios

O BNG de Viveiro pide reforzar a área económica e social do Concello