Luis Reimunde, de Ferretería Luis en Viveiro: «Vese algo máis de compra orientada ao campo e agricultura»

y. g. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

Pepa Losada

06 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Con todas as medidas precisas e mediante cita previa abriu tamén Ferretería Luis en Viveiro, pechada dende o 14 de marzo. Así foi a experencia do valadourense natural de Alaxe Luis Reimunde na reapertura dun negocio que o vindeiro agosto cumplirá 20 anos.

-Con moito traballo nestes primeiros días?

-Estamos atendendo sobre todo por chamadas telefónicas, para citas previas. Ata o 11 abrimos en horarios reducidos e a partir de luns, se todo vai correctamente, non sei se cambiaremos horario porque non poderemos estar todos xuntos, temos que buscar a maneira de compaxinar todo para que ninguén perda o seu traballo. Máximo poderemos atender de 2 en 2. Buscámoslle un xeito e creo que hai solución. Todo é complicado pero hai que adaptarse ás cirscuntancias que hai.

Están vindo os clientes habituais da ferretería, comprando moi normal. A maioría ben ven, con guantes, mascarilla e separándose... será o 90 ou 95%.

-Algún produto estrela?

-Como tivemos cerrado non sei pero polo grupo de compras que temos foi a pintura, foi un dos que se levou a palma, e houbo algo de bricolaxe e moito de xardín para o que tivera a sorte de telo. Vese algo más de compra orientada hacia ao campo e agricultura, como se a xente quixera volver un pouquiño ao agro. Por poñer un exemplo, hoxe mercaron azadas e ferramentas de campo. Hai moita chamada de teléfono ao mesmo tempo e hoxe mesmo estando eu só. Ademais, tes que cambiar hábitos de limpeza. Pero todo vai, poñéndolle ganas.