Concello y comerciantes impulsan en Viveiro el Jueves de Comadres

s. c. / d. g. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

Quieren relanzar esta fiesta y habrá cenas y un Drag Show a medianoche

18 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

La Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro en colaboración con el concello, quiere impulsar el Jueves de Comadres, tras el éxito y la participación del pasado año. Para este jueves habrá cenas y un espectáculo de Drag Show.

«Poñemos en marcha estes días a campaña de Entroido facendo

especial fincapé, por segundo ano consecutivo, no Xoves de Comadres. Preténdese relanzar ese día como inicio do Entroido e animar a tódalas comadres a pasar unha noite divertida. A convocatoria do ano pasado tivo

moito éxito, polo que este ano incorpóranse máis iniciativas para que se animen moitas mais comadres a pasar unha noite de troula», explican desde el CCHV.

«Para empezar, como é xoves non nos esquecemos da cita ineludible do Juepeo, nesta ocasión Juepeo especial Comadres cunhas super tapas para animar a todo o mundo (comadres e compadres) a comezar o Entroido en

Viveiro. E para amenizar a noite, irán percorrendo os locais os grupos de Cantos de Taberna “Espera que vou mexar” e “Os do 21” poñendo a nota musical a este inicio de entroido», añaden.

«Serán catro locais de hostalaría os que ofrecerán menús especiais de Entroido a un prezo de 23 euros, un importe moi económico para animar ás comadres á

troula. Son Casa Pepi, Bar Normandy, Asador A Quinta e Muro Restaurante. As reservas poden facerse xa e para os grupos que reserven cea nalgún dos locais participantes haberá moitas sorpresas. Pero a festa non acaba aí, e despois das ceas teremos un Drag Show da man de Muna Duval que realizará o seu espectáculo nos locais de copas La Biblioteca (de 12:30 a 1:30), Sugar Rock (de 1:30 a 2:30) e Pub Kopas (de

2:30 a 3:30). A diversión na noite de comadres está garantizada, só hai que traer o bó humor da casa, que de liala parda xa nos encargamos nós. Dende a Asociación de Comerciantes e Hosteleiros animamos a hoteleiros e comerciantes a que se disfracen e

decoren os seus locais para dar máis alegría e diversión a estas datas. E a tódolos nosos clientes a que desfruten de Viveiro nestas datas», añadían desde el Centro Comercial Histórico de Viveiro.