60 alumnos nas Olimpíadas de Xeoloxía

La Voz

VIVEIRO

XAIME RAMALLAL

13 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Sesenta alumnos dos IES María Sarmiento e Vilar Ponte, de Viveiro; Perdouro, de Burela, e Moncho Valcarce, de As Pontes, participaron este mércores en Viveiro na fase provincial das undécimas Olimpíadas de Xeoloxía que impula a Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT), da que forman parte os profesores de Bioloxía e Xeoloxía Antonio Castiñeiras (Vilar Ponte) e Belén Pérez (María Sarmiento). Pola mañá celebrouse unha xincana e pola tarde a proba individual, antes dunha cita de maxia no Teatro Pastor Díaz co Mago Carrolo. Os gañadores foron: Mellor Grupo (María Sarmiento), Accésit de 4º da ESO (Alba Geada, Perdouro), 3º (Eloy Murado, Vilar Ponte), 2º (Claudia Casal, Vilar Ponte), e 1º (Alba Geada). As dúas últimas participarán na fase nacional. foto xaime ramallal