Rochas que retan á imaxinación

EMILIO PIÑEIROA VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

EMILIO PIÑEIROA

Veciños de Barreiros poñen nome a  cantís con formas de animais e obxectos

10 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A imaxinación non ten barreiras: o zoo pétreo da costa barreirense é auténtico. Os sendeiristas que camiñan dende a praia de Arealonga en Reinante ata a de Fontela en Benquerencia, recoñecen todo tipo de figuras, rochas labradas durante millóns de anos.

Custa velas, pero están aí.

EMILIO PIÑEIROA

A primeira rocha entre Arealonga é a Punta do Castro, coñecida como a Pena da rá ou do sapo.

EMILIO PIÑEIROA

Despois da praia das Pasadas e antes de chegar á de Lóngara, outra rocha coñecida como O elefante.

EMILIO PIÑEIROA

Entre as praias de Lóngara e Fontela, na parroquia de Benquerencia, podemos ver como a erosión ocasionou unha entrada ( cova ) coñecida como A Campá.

EMILIO PIÑEIROA

Seguindo, a poucos metros, podemos observar un suposto Mono, bautizado por algún veciño como O homo sapiens.