Cien años del Teatro Pastor Díaz que abría en Viveiro Nemesio Barreiro

Nació para funciones teatrales, pero también para sesiones de cine y bailes anuales


viveiro/la voz

«Se trata de una construcción sencilla y elegante» decía La Voz de Galicia a principios de enero de 1920 de la iniciativa del chocolatero Nemesio Barreiro Casal «de construir un teatro, que se inauguró recientemente», decía aquella escueta crónica, en Viveiro. En 1930 lo vendió a José Fojo, tipógrafo de Ortigueira, socio junto con los hermanos Melquiades y Jesús Fernández Losada hasta los años 70. Desde 1975 aproximadamente pasa a propiedad de Luciano López Parapar, Jorge Naval, Antonio Rivera y José Veiga Candia, hasta que a finales de los 80, momento en que lo adquirió el Concello de Viveiro y Xunta de Galicia. Tras cerrar varios años, reabría reformado, con Manuel Fraga presidiendo la Xunta, en el año 2001. Este sábado día 18 abrirá una exposición con paneles del cronista oficial Carlos Nuevo por el centenario.

Carlos Nuevo, cronista oficial: «Na súa constitución foi o mellor da provincia como teatro»

O cronista oficial de Viveiro Carlos Nuevo afondou para a exposición conmemorativa na historia do teatro e na do seu promotor: «Nemesio Barreiro Casal é un viveirés industrial do chocolate, entre outras cousas. Tivera unha experiencia 2 ou 3 anos antes porque fixera cine no Ideal Cinema, con outro socio. En 1918 decidiu construir un teatro pero era unha etapa pésima. Naquel ano coincide coa gripe do 18 que mata a cento e pico viveireses e é a I Guerra Mundial, unha etapa na que non hai subsistencias e os produtos da construción están moi caros porque é un período de guerra, ainda que España é neutral, e de escasez. Ao mesmo tempo, el ten un pequeno accidente que ralentiza un pouco as obras. En decembro de 1919 tenas rematadas. Un grupo de 30 amigos fanlle unha comida homenaxe no teatro inaugurándoo sen ningún tipo de función».

—Naceu non só como teatro.

—Ten unha triple funcionalidade: teatro, cine e salón de baile porque o solo se levantaba cuns gatos e se poñía á altura do escenario para facer os bailes anuais, ata finais dos 50. Inaugurouse o 18 de xaneiro de 1920 e comezou coa temporada de cine que durou ata principios do verán. A primeira película que se proxectou foi El lobo. Eran mudas e animadas con música de piano e a película do día complementábase con cine cómico e grupos de varietés para animar a sesión. A febre na posguerra, foi a do cine, a cinemanía.

—Que conservou da imaxe que tiña orixinariamente?

—Conserva a estrutura, é dicir, o escenario, os palcos e o anfiteatro coa curvatura pero está totalmente remozado. O arquitecto foi Mario Páez Suárez, nese momento arquitecto da Deputación de Lugo. Aparte diso, dentro das reformas, houbo tamén tres distintos decoradores, principais. Todo estará explicado polo miúdo nos paneis da exposición. En 1933 chegaría o cine sonoro e falado, que foi a gran revolución. Como teatro tamén xugou sempre un papel moi importante, tanto con compañías locais como de fóra.

—Dos chamados teatros «clásicos», dos poucos que quedaron.

—Agora é dos poucos e no seu momento, da obra, é o mellor da provincia como teatro.

—Como cronista oficial, que valor lle dá a que se conserve?

—Aparte da súa acústica e do bonito que é, é un teatro que impón, un teatro moderno pero romántico totalmente. Viveiro tivo a sorte de que se conservase e non fose froito da piqueta, ainda que houbo a desgraza de perder outro teatro posterior que foi o Moderno, de Antón Cociña. Por curiosidade, nos anos 60 en Viveiro chegaron a estar funcionando ao mesmo tempo catro cines: o Nemesio, Modero, Basanta e Orfeo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

Cien años del Teatro Pastor Díaz que abría en Viveiro Nemesio Barreiro