Deberes de sostenibilidade feitos?

lucas requejo

VIVEIRO

03 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

ematou un auténtico boom mediático en canto a novas sobre o Cumio do Clima de Madrid se refire.. Novas sí, aparición nos medios por parte de representantes políticos tamén, grandes

empresas colaborando e moito máis rebumbio que para un escéptico coma min teme que só se

quede neso, en moito ruido sen máis e aínda por riba en pouco tempo. Esperemos me equivoque. Máis sempre me gusta resaltar o aspecto positivo das cousas. E sí, alégrame e moito que comece a ser tema de conversa popular, en bares, nas televisións, etc porque é un problema que nos atañe a todas e dunha maneira especial sufrirán a xente máis nova que por desgracia herda unha situación na que pouco ou nada tivo que ver.

Debemos espertar e actuar canto antes, e facelo dende tódolos eidos posibles. Temos ante nós, e por pouco tempo, a oportunidade de reinventarnos, de construir un futuro do que nos sintamos orgullosas e que sexa sostible no económico, no social, no ambiental e sobre todo tamén no tempo. Xa non serven as excusas, todas e todos podemos facer algo, por miudo ou insignificante que pareza. Porque o mundo non cambia só dende quen exerce a posición de poder, cambia sempre e en grande medida dende o pobo, así que todas deberiamos estar pensando e soñando como podemos contribuir co noso facer no día a día. E temos moitas posibilidades para facelo, aí está a maxia dos pequenos feitos. Recoller unha cabicha, levar cacharros para mercar a granel, etc son feitos miudos pero moi importantes; modifican hábitos, ensinan o exemplo a quen nos observe e fai que vaimos contaxiándonos unhas a outras.

Xente da Mariña estamos facendo os deberes?