María Loureiro: «Estamos a negociar con Portos a ver se nos interesa a concesión do peirao»

La Voz VIVEIRO / LA VOZ VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

13 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo de goberno do Concello de Viveiro abstívose no pleno municipal do mércores nunha moción presentada polo PP sobre a concesión do peirao ao concello. Na moción, o PP instaba a solicitar a concesión do peirao a Portos de Galicia para a súa regularización, facéndose cargo do mantemento, vixilancia e urbanización. Para dita medida será preceptivo un convenio entre o Concello e o organismo autonómico. A moción foi aprobada cos votos a favor do PP, Por Viveiro e Son Viveiro, e coa abstención socialista e do BNG.

«Sorprendeunos a presentación desta moción, tendo en conta que foi este equipo de goberno o que realizou esa mesma proposta a Portos nunha reunión celebrada o 17 de outubro. Propoñen un acordo que nós mesmos suxerimos á Administración autonómica hai un par de meses. De feito, dende Portos xa nos indicaron cales serían as condicións nas que se establecería ese convenio de concesión: tería unha duración de catro anos, prorrogable por outros catro, e entregaríase ao Concello no mesmo estado no que se atopa neste momento».

«As obras que este espazo necesita implican un investimento considerable, pois é necesario aglomerar ou instalar varandas novas, entre outras actuacións. Por este motivo, dende o concello estamos valorando tanto esta posibilidade como unha posible reversión por parte de Costas». O pleno aprobou a idea de Son Viveiro de realizar xestións para crear unha zona de aparcamento no cemiterio municipal, e tamén a moción do BNG de instar á Xunta a tomar medidas para frear a emigración.