Celeiro, o pobo dos soñadores

Bernardo Fraga Galdo

VIVEIRO

M.M.

02 dic 2019 . Actualizado a las 19:47 h.

Esta non é unha historia que comeza, nin unha historia triste de soños sen cumprir.

Esta é a historia dun pobo de soñadores, dun pobo unido contra vento e marea. Pobo de mar e terra, de abrigo e temporal. Un pobo de xentes únicas e loitadoras, orgulloso do seu pasado, traballador no seu presente, e conquistador do seu futuro. 

No pobo dos soñadores, mozas e mozas tomaron o ano 2005, para crear, construír e manter o orgullo de ser, para transformar unha historia que se quería rir deles, e convertela no seu maior orgullo. E alumeou con forza por primeira vez o nome do colectivo chilindrín.  

E o que comezou coma un soño xuvenil transformou o sentimento colectivo para sempre, medrou o orgullo de formar parte do noso pobo, e centos de persoas se namoraron para sempre. 

Os soñadores crearon cultura, arrearon os cabos da mellor música galega e estatal, e conquistaron a milleiros de persoas durante dez edicións. Puxeron o forno a funcionar, e bailaron centos de veciñas e veciños, para festexar os finais de ano, o entroido e as primaveras. E comeron e tamén beberon, e celebraron os magostos, e as sardiñas do mar e as tortillas de mariñaos. 

A conquista do futuro, levounos a dirixir, a asociación con máis anos na historia de Celeiro, na que medramos, na que bailamos e remamos, na que xogamos de nenos e agora traballamos de maiores. Tomamos o ano 2010 para conquistar Penalba,  reactivala e manter viva a súa historia. 

Remamos  xuntos e co pobo empuxando, para espertar do sono o noso clube de remo, que case morto, volta a ser o referente, viaxando e gañando día a día o respecto do deporte galego. 

Cociñamos, e comemos a mellor merluza do mundo enteiro. A nosa merluza, que levamos a ser de interese turístico galego, coa que degustamos feiras e festivais, e levamos a todos os recunchos na lotaría.   

Bailamos e tocamos a gaita en nova semente, e cantamos con sons de Celeiro, e apostamos pola música e canto tradicional, conquistando pobos e vilas alén da nosa Mariña.   

E cinco anos festexamos as Patronas, e o Patrón, porta a porta, casa a casa, de verbena en verbena. Xogando ás cucañas, tirando dos cabos e achegando a festa ás rúas e as prazas, para todas, para todos. 

E espertamos no pobo dos soñadores, 14 anos despois, para decatarnos, que todo foi realidade. E damos o relevo, a nova xeración de soñadores, soñadores que farán coma todo o que pasa en Celeiro, dos seus soños, a mellor das nosas realidades. 

E nós mentres, seguimos, e seguiremos remando e traballando, por un Celeiro mellor. Gracias de todo corazón, a todas, a todos. E que viva Celeiro!

Grazas a Rosario, corpo e alma da nosa directiva, polo teu esforzo, traballo, compresión e dedicación completa. Sen tí non tería sido posible.  

Grazas a todas e todos os directivos dos últimos anos: A Breixo Buján, David Cotelo, Montse Ramil, Jesús Fernández, Darío San Isidro, David G. Portilla, Marco Taladrid(Moro) Suso G. Portilla, Vicen G. Portilla, Pastor Fernández, Saray Blanco, Sara González, Kanu Fernández, Alba Domínguez, Sara Bouza, Jose Manuel Prieto, Eligio(Licho), Ivan Castro, Marcos López, Kiko Portilla, Pablo Piñeiro e Borja González. E a todas as directivas e directivos que traballaron na historia da asociación para chegar ata aquí.  

Grazas á xente que estivo con nós na nosa comisión de festas: Mateo López, Oscar González, Ivan Rey, Javi Fustes, Gabriel Insua(Fari) e a toda a xente que botou unha man, que foi moita. 

Grazas a todas e cada unha das persoas colaboradoras na Festa da Merluza vémonos no 2020, a festa pervive grazas a vós. 

Grazas aos profesores, monitores e persoas que colaboraron co seu traballo nos distintos cursos e actividades da asociación. 

Grazas a Daniel Caxete e Toni Docampo, por facer realidade os Sons de Celeiro de forma desinteresada e compartir a súa paixón musical con Celeiro.  

Grazas a Dani Kxt, artista!

Grazas a Mariluz, Prieto e Licho, por manter vivo o Club de Remo Celeiro.  

Grazas ás persoas que nos facilitaron o traballo dende as administracións e empresas: Domingo Rey (Patrón Maior), Eduardo Míguez (Puerto de Celeiro), Melchor Roel, Antón Veiga, Moncho Ermida e María Loureiro.  

Grazas a Juan, Dani, Oscar, Marcos, Chato e Prieto por tomar o relevo, desexámosvos mil primaveras máis para Penalba. 

Bernardo Fraga foi presidente do Colectivo Chilindrín Penalba entre 2010 e 2019.