Sábado dedicado a Pastor Díaz en Viveiro ante a súa estatua

y. g. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

É un acto do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, ás 20.00 na Praza Maior

21 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 21 • 20.00 horas • Praza Maior o de Pastor Díaz • O Seminario de Estudos Terra de Viveiro está de aniversario. Cumpre 25 anos, como tamén se cumpren 208 do nacemento de Pastor Díaz (1811) ao que a entidade lle rende este sábado unha homenaxe na mesma praza que leva o seu nome. Intervirán o presidente do Seminario Carlos Nuevo, o teniente de alcalde Jesús Fernández e o gaiteiro David Bellas. Logo, no local do Seminario haberá pinchos e actuarán as cantareiras de Os do 21, de O Vicedo.