Este luns será o sorteo de mil euros da campaña da FCAM en Viveiro


viveiro / la voz

Este vindeiro luns, 23 de setembro, terá lugar o primeiro sorteo de 1.000 euros da campaña da Federación do Comercio da Mariña, co lema «1.000 motivos para mercar na Mariña». Será en Viveiro. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 16 ao 22 no comercio asociado ao Centro Comercial Histórico entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Viveiro.

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada

asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O

Vicedo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Este luns será o sorteo de mil euros da campaña da FCAM en Viveiro