Presentan o que será novo centro da Seguridade Social en Viveiro, que atenderá a 12.000 persoas

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

18 sep 2019 . Actualizado a las 21:22 h.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o director provincial do INSS, R. Gude, presentaron o proxecto para construír o novo Centro da Seguridade Social en Viveiro, que sae a licitación cun presuposto de case 994.000 euros e un prazo de execución de 10 meses.

«Damos o paso definitivo para dotar a Viveiro dunhas modernas instalacións para este servizo público, polas que levábamos moitos anos agardando, para facer posible que a Seguridade Social poida atender nas mellores condicións aos cidadáns», destacou Isabel Rodríguez.

A alcaldesa de Viveiro mostrou a súa satisfacción porque «despois de tantas promesas incumpridas, ao fin vemos que o novo Centro da Seguridade Social vai ser unha realidade», dixo.

Uns 12.000 cidadáns reciben atención cada ano no CAISS de Viveiro, que dá servizo á Mariña Oriental. A construción da nova sede permitirá liberar espazos no ISM de Celeiro. O director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, R. Gude, explicou que «o edificio construirase nunha parcela de 1.490 m2, será acristalado e terá unha única pranta con 404 m2 construídos».

O novo edificio, que se levantará nunha parcela situada na avenida de Ramón Canosa, número 6, á caron do edificio de Correos e fronte ao porto deportivo de Viveiro.